Mobílizate pola selva

A campaña de reciclaxe de móbiles «Mobilízate pola selva» é unha iniciativa do Instituto Jane Goodall para sensibilizar á cidadanía sobre as consecuencias que provoca a nosa alta demanda de coltán nos países onde se sustrae, sobre todo na República Democrática do Congo. As guerras que se deron nos últimos anos neste país polo control das minas, provocou máis de 6 millóns de mortos e case 3 millóns de refuxiados, deforestación, contaminación e matanza indiscriminada de animais, sobre todo gorilas e chimpancés, ata poñelos a un paso da extinción.

 

Brent-Stirton-dead-mountain-gorilla

Fai 20 anos, a doutora Jane Goodall veu unha pequena cría de chimpancé, case moribunda, nun posto de venda dun mercado do Congo. A nai fora asasinada pola súa carne e a cría podía valer para mascota. Tras acercarse e facerlle unhas vocalizacións aprendidas en Gombe, a cría respondeu con luz na mirada. Jane sabía que non podía deixala atrás, polo que fixo intervir ás autoridades que confiscaron a cría. Esta pequena chimpancé foi a primeira rescatada polo IJG no Congo e a primeira habitante do Centro de Recuperación de Chimpancés de Tchimpounga, onde actualmente hai máis de 150 primates.

Pero non só os chimpancés se benefician dos cartos, senón que os fondos aportados polo IJG repercuten directa ou indirectamente na poboación local, a través de empregos dignos e sostibles, programas de formación e educación, compra de servizos, alimentos e materiais, e a protección do entorno e a biodiversidade.

En Nós Pobra decidimos participar nesta campaña e acabamos de repartir polo pobo unha serie de pequenas caixas onde recollemos os teléfonos móbiles vellos que xa non usedes, e se  non atopades ningunha podedes deixalos na biblioteca municipal que tamén está colaborando na mesma campaña co Instituto Jane Goodall.

 

Deja un comentario