Categoría: Sin categoría

17 de xuño : Participamos na Campaña Libera, natureza sen basoira

Este sábado 17 Nós Pobra colaborou na Campaña Libera organizada por SEO/Birdlife. A Pobra do Caramiñal foi un dos 7 lugares de toda Galicia que participaron nesta campaña.   En concreto actuamos nas calas que hai entre o Areal e Cabío. Eliximos este punto debido … Continúa leyendo 17 de xuño : Participamos na Campaña Libera, natureza sen basoira

Non queremos medio ambiente o queremos enteiro: Mes do Medio Ambiente

aDSC_0339 2

Como xa anunciamos no post anterior en Nós Pobra queremos poñer o noso gran de area co Medio Ambiente adicando todo o mes de xuño a diferentes actos relacionados co Medio Ambiente. Este sábado 17 de xuño imos a participar na campaña «Libera: 1 m2 de natureza» que organiza SEO/Birdlife a nivel internacional. Nós decidimos elixir limpar as calas que van desde o Areal a Cabío. O principal obxectivo é retirar eses residuos sólidos que, polo seu tamaño, levan alí moitos anos, dado o difícil que é o acceso a estas praias para os vehiculos. Para iso imos contar coa colaboración de Protección Civil do Concello que virán acompañados con unha zodiac e un camión.

Saíremos ás 16.30 do Instituto do Maño na Pobra do Caramiñal, e limparemos as calas que van dende O Areal ata Cabío, sacando, sobre todo, aqueles residuos de difícil extracción (rodas de neumáticos, contenedores de plástico, …) dados os difíciles accesos que impiden chegar aos vehiculos ata elas.

Si queres vir con nós, o sábado 17 de xuño ás 16.00 horas comezaremos a reunirnos diante da Igrexa do Xobre, para saír ás 16.30.

Coñece o teu Concello con NÓS

Desde Nós Pobra, durante os próximos meses de Primavera, imos a realizar todos os domingos excursións desenfadadas para coñecer o noso Concello, o noso patrimonio arqueolóxico, os nosos camiños, a nosa riqueza natural. E con «desenfadadas» queremos dicir que non programamos nada, nin as preparamos. A idea é saír os domingos pola tarde a dar un paseo por unha zona concreta, pasar un bo rato, facer algo de exercicio e, de paso, coñecer un pouco mellor o noso Concello. Tod@s @s interesad@s podedes acompañarnos. Quedaremos todos os domingos nos Xardíns Valle-Inclán, apúntaste? Si a resposta é sí tan só tes que aparecer nos Xardíns ás 16.30 e unirte a nós.

 

DSC_0249