Este sábado 17 Nós Pobra colaborou na Campaña Libera organizada por SEO/Birdlife. A Pobra do Caramiñal foi un dos 7 lugares de toda Galicia que participaron nesta campaña. En concreto actuamos nas calas que hai entre o Areal e Cabío. Eliximos este punto debido … Continúa leyendo 17 de xuño : Participamos na Campaña Libera, natureza sen basoira
Autor: nospobrablog
Non queremos medio ambiente o queremos enteiro: Mes do Medio Ambiente
a
Como xa anunciamos no post anterior en Nós Pobra queremos poñer o noso gran de area co Medio Ambiente adicando todo o mes de xuño a diferentes actos relacionados co Medio Ambiente. Este sábado 17 de xuño imos a participar na campaña «Libera: 1 m2 de natureza» que organiza SEO/Birdlife a nivel internacional. Nós decidimos elixir limpar as calas que van desde o Areal a Cabío. O principal obxectivo é retirar eses residuos sólidos que, polo seu tamaño, levan alí moitos anos, dado o difícil que é o acceso a estas praias para os vehiculos. Para iso imos contar coa colaboración de Protección Civil do Concello que virán acompañados con unha zodiac e un camión.
Saíremos ás 16.30 do Instituto do Maño na Pobra do Caramiñal, e limparemos as calas que van dende O Areal ata Cabío, sacando, sobre todo, aqueles residuos de difícil extracción (rodas de neumáticos, contenedores de plástico, …) dados os difíciles accesos que impiden chegar aos vehiculos ata elas.
Si queres vir con nós, o sábado 17 de xuño ás 16.00 horas comezaremos a reunirnos diante da Igrexa do Xobre, para saír ás 16.30.
Mobílizate pola selva
A campaña de reciclaxe de móbiles «Mobilízate pola selva» é unha iniciativa do Instituto Jane Goodall para sensibilizar á cidadanía sobre as consecuencias que provoca a nosa alta demanda de coltán nos países onde se sustrae, sobre todo na República Democrática do Congo. As guerras … Continúa leyendo Mobílizate pola selva
5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente.
O día 5 de xuño celebrase o Día Mundial do Medio Ambiente, o evento anual máis importante para promover a acción en favor da natureza. Fai uns días Donald Trump fixo pública a súa decisión de retirar a EEUU do Acordo de París sobre o … Continúa leyendo 5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente.
Custodia do Territorio
Normalmente cando se fala de custodia do territorio se está referindo a un conxunto de estratexias e ferramentas que pretenden implicar aos cidadás na conservación da natureza e a paisaxe. Nós queremos ampliar un pouco máis esa definición e queremos incluir non só o … Continúa leyendo Custodia do Territorio
Na procura da Pedra da Vella
O domingo 23 decidimos adicar a nosa excursión semanal a intentar localizar a Pedra da Vella. Oímos falar dela na excursión que o Concello organizou en Semana Santa e pensamos que sería interesante localizala, señalala e fotografiala, así que alá fomos. Apuntámonos uns cantos. … Continúa leyendo Na procura da Pedra da Vella
Marcha circular do 14 de abril
Para o venres 14 de abril o Concello organizou unha marcha circular de 21 km. Saímos da Casa Mariñeira e chegamos a Santa Cruz a través de camiños, para continuar ata o miradoiro de Valle-Inclán indo en todo momento por camiños. Miguel Conde foi o … Continúa leyendo Marcha circular do 14 de abril
Sartegos de Vilas ou Pomar
Os sartegos están escavados na pedra e son dous, aínda que pode haber sorpresas se se procede a unha pequena intervención arqueolóxica. É difícil saber a idade, aínda que sen dúbida pertencen á Alta Idade Media, aproximadamente poderíamos aventurar unha cronoloxía que iría dende o … Continúa leyendo Sartegos de Vilas ou Pomar
Excursión calas e Silva
O domingo pasado (26 de marzo) movémonos polo Maño. Vimos o que se coñece como o Mal Paso, unhas pedras coas marcas das rodeiras dos carros de vacas que ían recoller o argazo polas calas de detrás do convento. Na mesma praia, descubrimos os restos … Continúa leyendo Excursión calas e Silva
Coñece o teu Concello con NÓS
Desde Nós Pobra, durante os próximos meses de Primavera, imos a realizar todos os domingos excursións desenfadadas para coñecer o noso Concello, o noso patrimonio arqueolóxico, os nosos camiños, a nosa riqueza natural. E con «desenfadadas» queremos dicir que non programamos nada, nin as preparamos. A idea é saír os domingos pola tarde a dar un paseo por unha zona concreta, pasar un bo rato, facer algo de exercicio e, de paso, coñecer un pouco mellor o noso Concello. Tod@s @s interesad@s podedes acompañarnos. Quedaremos todos os domingos nos Xardíns Valle-Inclán, apúntaste? Si a resposta é sí tan só tes que aparecer nos Xardíns ás 16.30 e unirte a nós.