Quénes somos

Nós Pobra é un grupo de veciños que se presentou ás eleccións municipais de 2015 e actualmente está gobernando o Concello de A Pobra do Caramiñal. Este blog é froito dalgunhas das nosas inquietudes, e aínda que pretendemos centrarnos no Medio Ambiente e na Cultura, non imos a esquecer, de vez en cando, adicarlle algún dos nosos post a outros temas.

Este é un blog dende o que pretendemos informar sobre o que facemos ou queremos facer, dos nosos proxectos e intencións, incluso dos nosos sonos. Un sitio dende o que queremos dar a coñecer o noso patrimonio artístico, cultural e natural.

Non queremos converter este espazo nun lugar de debate, que moitas veces acaban creando malos rolos, para iso xa están outros sitios, polo que os comentarios que vexamos poden xerar en discusións absterémonos de publicalos e vos remitimos a que o fagades na nosa conta de facebook.